sábado, 12 de marzo de 2011

ESCARAVELLO ACEITEIRO (Meloe proscarabeus)

Aquí temos unha foto relizada por Isidro Ruiz Delgado dun Escaravello aceiteiro
(Meloe proscarabeus),realmente este nome galego é unha traducción do castelan: Escarabajo aceitero o Carraleja común,habera que investigar nomes galegos.

O adxetivo de aceitero ven dando porque bota unhas pingas semellantes ao aceite,o digo por experiencia.

Na Primavera do 1987 subiamos con moita alegría aos Tres Bispos ( Os Ancares), contemplando as aguias cobreiras que enchian no aire limpo e azul da montaña,cando a miña enfermidade de ter que coller todo o que se move levoume a ter a este animaliño nas miñas mans.
A miña primeira sorpresa foi cando comezou a botar unha pingas cor ouro que saian do seu corpo, o primeiro que pensei foi que estaba mexando,por cousas como estas intento pensar pouco.
Despois pensei que o había espachurrado, e soltaba as tripas,pero non,non era iso, por sorte para ambos.
Ao final tiven que esperar a volta a casa para documentarme de criatura tan estrana,e apuntar todos os seus riscos no meu cardeniño de monte.

Ao parecer a dicha sustancia amarela pegañenta era CANTARIDINA.
Esta sustancia puede irritar a pel e formar vesículas que pueden durar varias semanas e incluso conxuntivites,si levase aos ollos.

!!A que xa non tedes gañas de collelo con a man!!-claro de iso trátase,é a súa defensa.Pero entre as grandes sorpresas deste pequeno animal, está o seu ciclo reproductivo.

Cando chega a primavera perfumando o mundo, as pequerrechas
larvas do aceiteiro esperan pacientemente a chegada dunha abella.
Cando esta comeza a buscar todo o que a flor ofrecelle: Néctar,polen,..
a aceiteira sube ás patiñas da abella.Esta marcha ,a pobre infeliz á colmea, sen saber que leva un pólizon a bordo.
Pouco ollo deberon ter as vixilantes da porta da colmea, para non ver ao intrso agochada nas patiñas da recien chegada.
Unha vez que atopase ,xa dentro, da gran cidade de cera, a larva de aceiteira baixa no seu avión privado,onde non pagou pasaxe,ponse a buscar o que vino procurando: