sábado, 12 de marzo de 2011

ESCARAVELLO ACEITEIRO (Meloe proscarabeus)

Aquí temos unha foto relizada por Isidro Ruiz Delgado dun Escaravello aceiteiro
(Meloe proscarabeus),realmente este nome galego é unha traducción do castelan: Escarabajo aceitero o Carraleja común,habera que investigar nomes galegos.

O adxetivo de aceitero ven dando porque bota unhas pingas semellantes ao aceite,o digo por experiencia.

Na Primavera do 1987 subiamos con moita alegría aos Tres Bispos ( Os Ancares), contemplando as aguias cobreiras que enchian no aire limpo e azul da montaña,cando a miña enfermidade de ter que coller todo o que se move levoume a ter a este animaliño nas miñas mans.
A miña primeira sorpresa foi cando comezou a botar unha pingas cor ouro que saian do seu corpo, o primeiro que pensei foi que estaba mexando,por cousas como estas intento pensar pouco.
Despois pensei que o había espachurrado, e soltaba as tripas,pero non,non era iso, por sorte para ambos.
Ao final tiven que esperar a volta a casa para documentarme de criatura tan estrana,e apuntar todos os seus riscos no meu cardeniño de monte.

Ao parecer a dicha sustancia amarela pegañenta era CANTARIDINA.
Esta sustancia puede irritar a pel e formar vesículas que pueden durar varias semanas e incluso conxuntivites,si levase aos ollos.

!!A que xa non tedes gañas de collelo con a man!!-claro de iso trátase,é a súa defensa.Pero entre as grandes sorpresas deste pequeno animal, está o seu ciclo reproductivo.

Cando chega a primavera perfumando o mundo, as pequerrechas
larvas do aceiteiro esperan pacientemente a chegada dunha abella.
Cando esta comeza a buscar todo o que a flor ofrecelle: Néctar,polen,..
a aceiteira sube ás patiñas da abella.Esta marcha ,a pobre infeliz á colmea, sen saber que leva un pólizon a bordo.
Pouco ollo deberon ter as vixilantes da porta da colmea, para non ver ao intrso agochada nas patiñas da recien chegada.
Unha vez que atopase ,xa dentro, da gran cidade de cera, a larva de aceiteira baixa no seu avión privado,onde non pagou pasaxe,ponse a buscar o que vino procurando:

martes, 16 de noviembre de 2010

Onte fun as Gandaras de Budiño

As veces propóñome ir a ese lugar onde un tempo abrollou tantas cousas ocultas nos pasadizos do meu segredo.Pero non me gusta atoparme con a lagoa esquecida. Abandonada despois do atrevemento do ser humano de romper as súas cordas máxicas, e deixala a escuras, nunha noite que as veces perdo a fe e dubido que esperte.

No ano 1984 xuntabamos moitos namorados das paisaxes do mundo no pequeno refuxio.Cando aínda algunhas estrelas alumeaban desvergonzadas na primeira tinta azul do día, apurabamos o almorzo e cubertos de mantas e ilusión dirixiamos a gran fiestra, así chamáballe eu aquel pequerrecho observatorio feito de madeiras novas.

Entón comezaba o espectáculo da vida incontenida. Onde milleiros de animais bulen nunha so mirada. Mentres o xeo do aire que comezaba a inventarse no frío da luz do mencer nos queimaba o rostro,nós abriamos con forza os nosos ollos de vidro para atender o navegar da beleza dos anades e os charnecos, que amoreábanse no corazón das augas brancas entorpecéndose e chiando fortemente como se fosen claxóns nun atasco.

Ao fondo,onde prendian os freixos máis antigos, a lagoa acollía a máis de 100 parrulos mergulladores que conquistaban este rincón ; pois alí as augas eran ben profundas e podian gallopar ata as profundidades en procura de novos sonos. Deviamos estar moi atentos,porque a enerxía do planeta aquí bulía de xeito incontrolado e sen aviso.

Entón alguen soltaba un berro como un perdigonada que levantou a lagoa en milleiros de ás.

-Unha garza pequena!!!-Berraba "Pé do Muiño" sen poder conter a emoción.

Todos os ollos alongados por prismáticos xiraban ata a presencia da gran garza africana. E facíase un silenzo mudo,como unha respiración contida.O trance mergullado en silenzo que se escoita cando acabamos de bicar o amor nos beizos da amada.Estamos na dixestión da beleza.Contemplando unha escena de destreza que corre polas sábanas africanas entre leóns e cebras. Aquí importada ao noso momento.Na paisaxe segreda da gran fiestra.
No balcón máxico sen telón.Na porta que abre e que nunca pecha.
O segundo que foi un segundo pero que nunca acaba. A miña mirada da vida que hoxe morre con a vella memoria daquela garza no ano 84 que tristemente xa nunca máis prendera na fiestra desta miña ollada nova.

martes, 9 de noviembre de 2010

Ola Familia:

Aquí outra boa nova para o noso gran grupo, a aparición deste Blog para o noso desfrute.
Animado pola gran resposta da nosa páxina, que menos que corresponder con un pouco de atención ao voso interese, do cal gozo eu tamén.

Aquí pode contarvos moitas máis cousiñas da nosa natureza,sen os limites
do pequerrecho panel do Facebook que truncaba as miñas arelas de proporcionaros emocións novas, e espertar grandes segredos agochados,as veces,moi preto de vós.

Non perdades de vista este Blog que xa é voso,como xa é vosa a nosa gran páxina que xa camiña soa,sen timonel,nen vixias.

Un Bico